Sendeiro da Teixeira
Breve descripción del recurso/activo
Partindo das proximidades dun lavadoiro na aldea da Teixeira, o camiño diríxese a Cristosende entre muros de pedra e cuberto por un bosque autóctono bastante denso de carballos e castiñeiros. A paisaxe ábrese ao achegarse a Cristosende, onde os viñedos substitúen á foresta.
Descendendo entre bancales, o roteiro aproxímase ao río Mao onde, mediante unha derivación, pódese conectar co carreiro PR-G 177. Seguindo a pista polo trazado principal, gózase das fermosas vistas sobre o río Sil e o seu canón.
A senda abandona o Sil na desaparecida poboación de Fontao e xira cara ás ladeiras do leito do río Edo. Un sinal indica o acceso ao miradoiro da Pena do Curvo, cunha ampla panorámica sobre a confluencia dos ríos Edo e Sil. Seguindo o itinerario, ao entrar na Portela, abandónase a pista ancha e toman a substitución os camiños estreitos, entre muros e viñedos. A ascensión pasa pola Cruz e un miradoiro sobre Lumeares, para concluír novamente na Teixeira.

Área temática
Actividade física/sedentarismo
Natureza e contorna ambiental
Grupo de edad
Poboación xeral
Tipo de recurso
Recursos físicos dunha área
Accesibilidad
Física
Acceso
Peonil
-
Tipo de titularidadConcello / mancomunidade
-
Gratuítosí no
-
Titular del recursoConcello de A Teixeira
-
Teléfono de contacto988207400
-
Email de recursoconcello.ateixeira@eidolocal.es
-
Web del recurso
-
Comunidad AutónomaGalicia
-
ProvinciaOurense
-
MunicipioA Teixeira
-
Tipo de víaSenda
-
DirecciónA Teixeira (Concello da Teixeira)
-
Código postal32765
-
Información adicional (Observaciones)Ruta circular cunha lonxitude de 13,4 km. O roteiro principal mide 11,5 km e a derivación ao río Mao, 1,9 km de ida e volta.
O seu percorrido vai por A Teixeira, Cristosende, canón do río Sil, miradoiro de Pena do Curvo, A Portela, A Cruz, A Teixeira.
Dificultade Media.

Foto 2

foto 1

foto 3