Pasar al contenido principal

GALICIA É RECOÑECIDA POLAS SÚAS ALTAS TAXAS DE COBERTURA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL INFANTIL

Imaxe
Espazo de coñecemento sobre a situación da saúde pública en Galicia

A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán, participou esta tarde na clausura da gala de entrega da VIII edición dos premios OAT adherencia, que se celebrou no edificio docente Novoa Santos do Hospital Clínico de Santiago.

Galicia, despois de gañar o ano pasado o premio ao Mellor Proxecto en Adherencia de comunidades autónomas pola campaña fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS), nesta edición foi finalista pola cobertura acadada na vacinación infantil fronte á gripe. 

A comunidade galega acadou na última campaña de vacinación un 65,73 % de vacinados de 6 a 59 meses, mentres que a media nacional quedou no 48,16 %.