Carpeta do docente. Guía de axuda para desenvolver un proxecto Nutriescolas 0, 1, 2 e Cociñando con saúde (Publicación electrónica)
ID
3035
Ano
2022
Formato
Idiomas
Galego
Colección
Publicacions Electrónicas
Resumo
A obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica. Combater a obesidade precisa de medidas en todos os ámbitos. A escola desempeña un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables. No marco da estratexia educativa do plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia), a Dirección Xeral de Saúde Pública, está a desenvolver o proxecto de innovación educativa Aliméntate ben!, que se canaliza na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Este proxecto vai dirixido aos profesores de Educación primaria, secundaria e primeiro curso de bacharelato.