Informe técnico do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2019 (publicación electrónica)
ID
2835
Ano
2020
Formato
Idiomas
Galego
Colección
F: Información de resultados de programas, proxectos ou plans
Resumo
O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social (MSCBS) desde o ano 1988. Na nosa comunidade autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ben que ben a primeira recolla de mostras se realiza na segunda quincena de maio. Con carácter xeral, as mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final de temporada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.