Xenial! Estilo de vida saudable (publicación electrónica)
ID
2438
Ano
2015
Formato
Idiomas
Galego
Colección
Información divulgativa
Resumo
A obesidade está considerada como a epidemia do século XXI, sendo unha das enfermidades crónicas non transmisibles á que é necesario prestar especial atención por ser causa de mortalidade precoz. A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, a través do Programa galego de actividades saudables, exercicio e alimentación, na súa procura de modificar os patróns alimentarios de actividade física na poboación infantil, redactou o documento técnico do Plan para a prevención da obesidade infantil en Galicia “Plan Xermola”. Entre as actividades divulgativas do Plan contemplouse o deseño de carteis co obxectivo de promocionar estilos de vida saudables nas consultas de pediatría de atención primaria e especializada.