Gaña en saúde: 12 meses, 12 prioridades (cartel – publicación electrónica)
ID
2435
Ano
2015
Formato
Idiomas
Galego
Colección
Publicacions Electrónicas
Resumo
O Servizo Galego de Saúde como mostra do compromiso de crear lugares de traballo máis seguros e saudables e de integrar os principios básicos da promoción da saúde no traballo na xestión da saúde dos nosos profesionais, adheríuse á Declaración de Luxemburgo, documento asinado e asumido polos países integrantes da Rede Europea da Promoción da Saúde no lugar de traballo (ENWHP), entre os que se atopa España. Elabórase este tríptico como promoción da campaña "Gaña en saúde: 12 meses, 12 prioridades", enmarcada nesta Declaración. Esta campaña está dirixido aos profesionais do Servizo Galego de Saúde; versa entre outras temáticas, sobre a importancia da saúde no traballo, da seguridade viaria, da actividade física, da alimentación saudable, das vacinacións e da igualdade.