A POSITIVIDADE DO VIRUS RESPIRATORIO SINCITIAL EN GALICIA DESCENDE ATA O 3,6 %
A taxa de positividade do virus respiratorio sincitial segue a diminuír e sitúase no 3,6 % na semana 13 do ano, que rematou o día 29 de marzo, tal e como recolle o informe semanal de seguimento deste virus que publica a Consellería de Sanidade.
En canto ás hospitalizacións, non se produciu ningunha hospitalización no grupo de nados entre abril e setembro de 2025 e nos lactantes menores de dous meses.
Nestes grupos, a cobertura da inmunización fronte ao VRS é do 93,2 % no caso dos bebés que son vacinados nos hospitais galegos ao nacer dentro das datas da campaña e do 95,4 % para os nados fóra de campaña, de abril a setembro de 2025.
Respecto dos ingresos de nenos que xa pasaron algunha tempada de VRS, na semana 13 non se produciu ningún ingreso.
En adultos, os datos recollidos no último informe rexistran 14 ingresos con VRS en persoas maiores de 60 anos, dos cales catro son maiores de 80.
Na semana recollida no informe observouse un descenso da taxa de consultas de atención primaria por bronquiolite no grupo de lactantes menores de seis meses. No de menores de dous meses a taxa aumentou, se ben o número de consultas mantívose estable respecto á semana previa.