Pasar al contenido principal

A XUNTA INICIA ESTE LUNS A CAMPAÑA DE INMUNIZACIÓN FRONTE AO VIRUS RESPIRATORIO SINCITIAL, QUE REDUCE AS HOSPITALIZACIÓNS DE LACTANTES

Imaxe
20260921_Vacina_VRS_Santiago_20260921115458.jpeg

​

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, dá comezo hoxe a unha nova campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS) co obxecto de previr as hospitalizacións por este virus nos lactantes.

Esta protección introduciuse en Galicia de modo pioneiro no ano 2023, permitindo a redución das hospitalizacións en máis do 90 % por esta infección nos nenos e nenas inmunizadas.

No día de hoxe comeza a administración nos hospitais para todos aqueles bebés que nazan desde hoxe e ata o 31 de marzo de 2027, data de finalización da presente campaña de vacinación. Tamén a partir de hoxe citarase aos nenos e nenas prematuros e aqueles pertencentes a grupos de risco.

A partir do 28 de setembro, a Consellería de Sanidade citará nos hospitais aos nados en abril, maio e xuño e, posteriormente, a partir do 5 de outubro, a citación corresponderá aos nados en xullo, agosto e setembro.

​A inmunización fronte ao virus que causa a bronquiolite foi administrada a 13.075 nenas e nenos na pasada temporada. Isto representa o 95,72 % no caso dos nados en campaña (22 de setembro de 2025 a 31 de marzo de 2026) e do 95,51 % na recaptación (nados entre o 1 de abril ao 21 de setembro de 2025).​