Pasar al contenido principal

Cancro de Mama

Programa galego de detección precoz do cancro de mama

A Consellería de Sanidade ten en marcha o Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM).

O Programa vai destinado ás mulleres de 50 a 74 anos e consiste na realización dunha mamografía cada 2 anos. A participación é voluntaria e gratuíta pero é importante para a súa saúde.

Imaxe
Logo PGDPCM

O cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres e segue a representar un importante desafío de saúde pública en Galicia. Aínda que non sempre é posible previr a súa aparición, a evidencia científica demostra que a detección precoz mediante programas de cribado permite identificar lesións en fases iniciais, aumentando as posibilidades de curación e reducindo a mortalidade.

O Programa galego de detección precoz do cancro de mama traballa neste obxectivo mediante a realización sistemática de probas ás mulleres da poboación diana. Porén, o éxito do programa depende en gran medida da participación da cidadanía, da accesibilidade territorial e da capacidade para garantir tempos axeitados de avaliación diagnóstica e tratamento.

Para asegurar unha avaliación transparente e baseada en evidencia, o Observatorio de Saúde Pública de Galicia publica periodicamente os principais indicadores do programa, que permiten analizar:

·         A cobertura e participación das mulleres na poboación diana.

·         A calidade e resultados das probas realizadas.

·         As taxas de detección de lesións sospeitosas e tumores.

·         A evolución temporal destes parámetros e a súa distribución territorial.

Dispoñer desta información facilita a identificación de áreas de mellora, reforza a equidade de acceso ao cribado e contribúe á toma de decisións orientadas á mellora continua do programa, cun obxectivo claro: reducir o impacto do cancro de mama e mellorar a saúde e benestar das mulleres en Galicia.

 

Información que debe ter en conta cando acuda á súa cita na Unidade de Exploración Mamográfica

Antes de ler o resto da información, debe ter en conta que, se xa foi diagnosticada dun cancro de mama, non debe acudir á cita informando a unidade de coordinación do Programa a través da siguiente conta de correo pgdpcm.dxsp@sergas.es ou ó teléfono 981 141414

  • O día da cita, para poder facerlle a mamografía é imprescindible que presente o seu DNI ou documento identificativo similar con fotografía.
  • Recomendámoslle que leve roupa cómoda e que non bote talco nin crema nas mamas.
  • Se vostede non pode acudir no día ou hora prevista, pode cambiar a súa cita a través do aplicativo Sergas Móbil ou poñéndose en contacto co Programa
  • Teña en conta que esta mamografía é únicamente para mulleres que non presentan síntomas. Se vostede nota algún cambio nos seus peitos ou axilas como vultos, dor, inchazón, cambios na pel ou na forma do peito, retracción da mamila ou saída de líquido por ela, non debe acudir a esta cita sendo necesario consultar coa súa médica ou co seu médico quen, despois de explorala, indicaralle os pasos a seguir.
  • Se o resultado da mamografía está dentro da normalidade, recibirá unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándolle deste resultado. Tamén poderá obter o resultado no seu centro de saúde a través do profesional de Atención Primaria, pasado un mes desde a realización da proba.
  • Se tras a realización da mamografía é necesario ampliar o estudo para chegar a un resultado definitivo, recibirá unha carta cunha cita para acudir ao seu hospital de referencia.


Consulta de ruta de autobuses: https://www.sergas.gal/ConsultaRutasAutobuses

Imaxe
Folleto PGDPCM
Ver filtros Ocultar filtros

Número de mulleres convidadas - PGDPCM

O gráfico representa
Ámbito
Espazo
Ver filtros Ocultar filtros

Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro - PGDPCM

O gráfico representa
Ámbito
Espazo
Ver filtros Ocultar filtros

Taxa de detección por 1.000 mulleres exploradas - PGDPCM

O gráfico representa
Ámbito
Espazo
Ver filtros Ocultar filtros

Taxa de participación - PGDPCM

O gráfico representa
Ámbito
Espazo
Ver filtros Ocultar filtros

Número de mulleres convidadas - PGDPCM

Ver filtros Ocultar filtros

Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro - PGDPCM

Ver filtros Ocultar filtros

Taxa de detección por 1.000 mulleres exploradas no PGDPCM

Ver filtros Ocultar filtros

Taxa de participación - PGDPCM

 

Se ainda continúa tendo algunha dúbida ou precisa máis información, pode trasladarnos as súas peticións a través do enderezo electrónico pgdpcm.dxsp@sergas.es


​​​​