Taxa de participación no PGDPCM
Taxa de participación no Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).
Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama, en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.
As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre este cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria.
A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses).
A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.
No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Porcentaxe |
---|---|---|---|---|
2023 | Comunidade | 12 | Galicia | 79,86 |
2023 | Provincia | 15 | A Coruña | 81,23 |
2023 | Provincia | 27 | Lugo | 80,61 |
2023 | Provincia | 32 | Ourense | 77,07 |
2023 | Provincia | 36 | Pontevedra | 79,04 |
2023 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 79,02 |
2023 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 80,61 |
2023 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 77,07 |
2023 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 82,22 |
2023 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 81,75 |
2023 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 84,32 |
2023 | Área sanitaria | VI | Vigo | 76,45 |
2022 | Comunidade | 12 | Galicia | 83,45 |
2022 | Provincia | 15 | A Coruña | 83,80 |
2022 | Provincia | 27 | Lugo | 85,99 |
2022 | Provincia | 32 | Ourense | 79,53 |
2022 | Provincia | 36 | Pontevedra | 83,23 |
2022 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 82,83 |
2022 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 85,99 |
2022 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 79,53 |
2022 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 84,05 |
2022 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 83,06 |
2022 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 85,92 |
2022 | Área sanitaria | VI | Vigo | 82,42 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | 82,87 |
2021 | Provincia | 15 | A Coruña | 83,30 |
2021 | Provincia | 27 | Lugo | 83,94 |
2021 | Provincia | 32 | Ourense | 82,05 |
2021 | Provincia | 36 | Pontevedra | 82,40 |
2021 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 81,48 |
2021 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 83,94 |
2021 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 82,05 |
2021 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 85,53 |
2021 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 83,74 |
2021 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 85,54 |
2021 | Área sanitaria | VI | Vigo | 80,33 |
2020 | Comunidade | 12 | Galicia | 82,05 |
2020 | Provincia | 15 | A Coruña | 82,49 |
2020 | Provincia | 27 | Lugo | 84,10 |
2020 | Provincia | 32 | Ourense | 80,29 |
2020 | Provincia | 36 | Pontevedra | 81,10 |
2020 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 80,92 |
2020 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 84,10 |
2020 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 80,29 |
2020 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 81,85 |
2020 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 81,84 |
2020 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 86,11 |
2020 | Área sanitaria | VI | Vigo | 79,73 |
2019 | Provincia | 32 | Ourense | 78,54 |
2019 | Provincia | 36 | Pontevedra | 82,13 |