Ir o contido principal

Funcións do Observatorio

As funcións principais do Observatorio de Saúde Pública de Galicia son:

  • Monitorizar a saúde da poboación: recoller datos epidemiolóxicos, demográficos e de saúde para seguir de preto a evolución das condicións de saúde nunha comunidade ou rexión específica.
  • Identificar tendencias e problemas de saúde, cambios nos padróns de enfermidades e factores que poidan afectar a saúde da poboación.
  • Avaliar a eficacia das políticas e programas de saúde.
  • Proporcionarlles información actualizada e baseada en evidencia aos responsables da toma de decisións en saúde pública.
  • Fomentar a investigación en saúde mediante a xeración de datos, a colaboración con investigadores e a facilitación de estudos epidemiolóxicos.