Misión, visión e valores
Misión
A misión do Observatorio de Saúde Pública de Galicia é a de:
- xerar un espazo de coñecemento en saúde pública que dispoña de información de calidade, a través da elaboración dunha serie de indicadores e informes periódicos;
- garantir que esta información de calidade chegue da forma máis comprensible ao maior número de axentes de saúde posibles e á cidadanía, destacando a importancia dunha abordaxe dos determinantes sociais da saúde;
- vincular a información dos indicadores ás diferentes actuacións en saúde que se están desenvolvendo en Galicia.
Visión
Ser o punto de referencia na obtención e visualización de datos de saúde pública que axuden na toma de decisións que incidan na saúde comunitaria, que apoien a investigación e fomenten a transparencia.
Valores
No Observatorio de Saúde Pública de Galicia as persoas son o centro de referencia e de actuación.
Os seus principais valores son:
- Transparencia
- Innovación
- Comunicación aberta e efectiva coa comunidade
- Equidade
- Manexo responsable da información de saúde
- Calidade na xeración de datos
- Traballo orientado a resultados para a comunidade
- Mellora contínua da calidade
- Colaboración intersectorial
- Uso responsable dos recursos
- Compromiso coa mellora continua da saúde pública
Estes valores reflicten o compromiso do Observatorio de saúde Pública de Galicia co benestar e a equidade en saúde para toda a poboación.