Taxa de participación no PGDPCM
Taxa de participación no Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).
Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama, en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.
As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre este cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria.
A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses).
A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.
No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Porcentaxe |
---|---|---|---|---|
2002 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 77,94 |
2002 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 74,53 |
2002 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 81,01 |
2002 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 79,00 |
2002 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 79,25 |
2002 | Área sanitaria | VI | Vigo | 67,78 |
2001 | Comunidade | 12 | Galicia | 74,94 |
2001 | Provincia | 15 | A Coruña | 76,86 |
2001 | Provincia | 27 | Lugo | 72,37 |
2001 | Provincia | 32 | Ourense | 71,15 |
2001 | Provincia | 36 | Pontevedra | 75,57 |
2001 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 81,14 |
2001 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 72,37 |
2001 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 71,15 |
2001 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 79,32 |
2001 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 74,87 |
2001 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 74,83 |
2001 | Área sanitaria | VI | Vigo | 74,07 |
2000 | Comunidade | 12 | Galicia | 73,55 |
2000 | Provincia | 15 | A Coruña | 77,25 |
2000 | Provincia | 27 | Lugo | 76,79 |
2000 | Provincia | 32 | Ourense | 73,41 |
2000 | Provincia | 36 | Pontevedra | 68,09 |
2000 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 77,52 |
2000 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 76,79 |
2000 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 73,41 |
2000 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 78,23 |
2000 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 74,60 |
2000 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 76,63 |
2000 | Área sanitaria | VI | Vigo | 59,71 |
1999 | Comunidade | 12 | Galicia | 71,60 |
1999 | Provincia | 15 | A Coruña | 74,23 |
1999 | Provincia | 27 | Lugo | 69,69 |
1999 | Provincia | 32 | Ourense | 71,44 |
1999 | Provincia | 36 | Pontevedra | 68,79 |
1999 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 73,16 |
1999 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 69,69 |
1999 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 71,44 |
1999 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 74,77 |
1999 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 74,88 |
1999 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 74,38 |
1999 | Área sanitaria | VI | Vigo | 66,45 |
1998 | Comunidade | 12 | Galicia | 73,34 |
1998 | Provincia | 15 | A Coruña | 76,37 |
1998 | Provincia | 27 | Lugo | 72,70 |
1998 | Provincia | 32 | Ourense | 69,83 |
1998 | Provincia | 36 | Pontevedra | 71,49 |
1998 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 74,70 |
1998 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 72,70 |
1998 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 69,83 |