Ir o contido principal

Taxa de participación no PGDPCM

Taxa de participación no Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama, en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre este cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses).

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2011 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 81,74
2011 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 79,13
2011 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 82,59
2011 Área sanitaria FE Ferrol 77,44
2011 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 84,27
2011 Área sanitaria VI Vigo 75,67
2010 Comunidade 12 Galicia 81,50
2010 Provincia 15 A Coruña 80,77
2010 Provincia 27 Lugo 81,56
2010 Provincia 32 Ourense 85,03
2010 Provincia 36 Pontevedra 81,43
2010 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 80,99
2010 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 81,56
2010 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 85,03
2010 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 82,78
2010 Área sanitaria FE Ferrol 80,29
2010 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 80,84
2010 Área sanitaria VI Vigo 80,71
2009 Comunidade 12 Galicia 82,14
2009 Provincia 15 A Coruña 82,13
2009 Provincia 27 Lugo 79,60
2009 Provincia 32 Ourense 79,88
2009 Provincia 36 Pontevedra 83,88
2009 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 78,99
2009 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 79,60
2009 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 79,88
2009 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 86,69
2009 Área sanitaria FE Ferrol 83,24
2009 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 85,67
2009 Área sanitaria VI Vigo 82,52
2008 Comunidade 12 Galicia 79,92
2008 Provincia 15 A Coruña 79,97
2008 Provincia 27 Lugo 83,75
2008 Provincia 32 Ourense 79,56
2008 Provincia 36 Pontevedra 78,63
2008 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 77,39
2008 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 83,75
2008 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 79,56
2008 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 82,16
2008 Área sanitaria FE Ferrol 83,00
2008 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 82,67
2008 Área sanitaria VI Vigo 76,46
2007 Comunidade 12 Galicia 79,40
2007 Provincia 15 A Coruña 79,52
2007 Provincia 27 Lugo 79,99
2007 Provincia 32 Ourense 79,22
2007 Provincia 36 Pontevedra 79,04
2007 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 81,45
2007 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 79,99
2007 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 79,22