Campaña de vacinación fronte á COVID
Información actualizada diariamente. Última actualización:
19/11/2024
Desde a tempada 2021-2022, a Consellería de Sanidade organiza unha campaña de vacinación conxunta contra a gripe e a COVID-19, dirixida principalmente aos grupos de poboación con maior risco de sufrir complicacións, así como a aquelas persoas que poden transmitir estas enfermidades a individuos en situación de alto risco.
O Observatorio de Saúde Pública de Galicia publica periodicamente información sobre a evolución das coberturas vacinais durante esta campaña, centrada nos diferentes grupos de poboación diana.
Número total de persoas vacinadas da COVID
Porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos vacinada fronte á COVID
Porcentaxe de persoal sanitario vacinado fronte á COVID
Porcentaxe de mulleres embarazadas vacinadas fronte á COVID
Coberturas actuais segundo o grupo poboacional
Para ver información máis detallada da campaña de vacinación, acceda ao indicador correspondente que se actualiza diariamente. A cobertura vacinal refírese á porcentaxe de persoas dunha poboación ou grupo poboacional que recibiron a vacina ao longo da campaña de vacinación.