Mortalidade por cancro de mama. Taxa axustada
Mortalidade por cancro de mama
- Indicadores: Taxa bruta e axustada por idade, co método directo (poboación de referencia: censo de Galicia de 2001, censo de Galicia de 2011, poboación europea de 2013, poboación mundial de 1977). Taxas por 100.000 habitantes.
- Defuncións: Mortes de mulleres residentes en Galicia, con causa básica de defunción co código 174, na 9ª revisión da Clasificación Internacional de Enfermidades ( CIE) e o código C50 na 10ª revisión. Datos obtidos do Rexistro de Mortalidade de Galicia.
- Poboación: Poboación de mulleres residentes en Galicia o 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do padrón municipal de habitantes.
- Periodicidade: Anual.
Contexto: A información proporcionada para este conxunto de indicadores enmárcase dentro do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G).
En Galicia, as enfermidades crónicas son a causa principal de mortalidade, morbilidade e gasto do sistema sanitario. A frecuencia destas enfermidades na poboación depende da presenza nela dos distintos factores que aumentan o risco de padecelas (factores de risco), dos que evitan que ocorra (factores protectores) ou dos que, de ocorrer, fan que a enfermidade non sexa tan grave como sería de non concorreren intervencións e prácticas preventivas.
O SVEC-G integra información sobre indicadores que resumen a frecuencia e o impacto que na mortalidade e morbilidade teñen as enfermidades crónicas máis relevantes en Galicia, así como de determinados factores de risco.
Mortalidade por cancro de colon
Mortalidade por cancro de colo de útero
Mortalidade por cancro de colo de útero
Mortalidade por cancro de colo de útero
Mortalidade por cancro de esófago
Mortalidade por cancro de colon
Mortalidade por cancro de esófago
Mortalidade por cancro de colon
Mortalidade por cancro de colon
Mortalidade por cancro de esófago
Mortalidade por cancro de colon
Mortalidade por cancro de colon
Mortalidade por cancro de esófago
Mortalidade por cancro de fígado
Mortalidade por cancro de esófago
Mortalidade por cancro de próstata
Mortalidade por cancro de pulmón
Mortalidade por cancro de pulmón
Mortalidade por cancro de pulmón
Mortalidade por cancro de pulmón