Ir o contido principal

Metodoloxía: Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI)

Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI)

  • Nome: Sistema de información sobre condutas de risco (SICRI).
  • Periodicidade: Anual dende 2005 (agás nos anos 2008, 2012, 2013 e 2020). Nos anos 2009 e 2019 realizouse un monográfico sobre condutas sexuais, e no ano 2016, un monográfico sobre saúde materno-infantil.
  • Responsable: Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP). Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.
  • Ámbito xeográfico: Galicia.
  • Ámbito poboacional: O universo está composto polas persoas de 16 anos ou máis que residen en Galicia.
  • Ámbito temporal: Os periodos de recollida da información de cada unha das edicións foron os seguintes:
    • 2018: outubro a decembro de 2018
    • 2017: xaneiro a decembro de 2017
    • 2016: novembro de 2016 a xaneiro de 2017
    • 2015: xaneiro a decembro de 2015
    • 2014: xaneiro a decembro de 2014
    • 2011: febreiro a decembro de 2011
    • 2010: xaneiro a marzo de 2010
    • 2007: xullo, novembro e decembro de 2007
    • 2006: decembro de 2006 a marzo de 2007
    • 2005: novembro de 2004 a xaneiro de 2005
  • Marco da mostraxe: O marco empregado para a selección da mostra é a base de datos de Tarxeta Sanitaria. Como a enquisa é telefónica, o marco da mostraxe redúcese ao listado de persoas con 16 anos e máis que teñen teléfono na base de Tarxeta Sanitaria.
  • Procedemento da mostraxe: O tipo de mostraxe é aleatorio estratificado.
    As unidades da mostraxe e análise son as persoas de 16 anos e máis que teñen teléfono na base de Tarxeta Sanitaria. Esta poboación estratifícase en función do sexo e do grupo de idade (16-24, 25-44, 45-64 e 65 e máis).
  • Tamaño da mostra: Os tamaños mostrais de cada unha das edicións foron os seguintes:
    • 2018: 7.853
    • 2017: 7.841
    • 2016: 6.436
    • 2015: 7.908
    • 2014: 7.874
    • 2011: 7.844
    • 2010: 7.845
    • 2007: 7.840
    • 2006: 7.841
    • 2005: 6.492
  • Método de recollida da información: Entrevista telefónica asistida por ordenador.
  • Cuestionario: Emprégase un cuestionario estandarizado e anónimo.
    O cuestionario está dispoñible en galego.
    O cuestionario recolle información sobre variables sociodemográficas, consumo de substancias psicoactivas e adiccións comportamentais, e outros comportamentos e estilos de vida relacionados coa saúde (consumo de bebidas azucradas, etiquetas nutricionais, enfermidades crónicas, VIH/sida, doazón de sangue).