Ir o contido principal

Calidade ambiental do aire

Calidade ambiental do aire

  • Nome : Calidade ambiental do aire
  • Definición: Calidade ambiental do aire, a través da avaliación dos datos de partículas en suspensión (PM10 e PM2,5).

    As partículas en suspensión (ou material particulado) son una mestura de partículas (sólidas ou líquidas, orgánicas ou inorgánicas) suspendidas no aire, coñecidas como aerosois, con ampla gama de tamaño e composición química.

  • Cómo se miden?: O Real Decreto 39/2017 establece que o método de referencia para a toma de mostras e a medición de PM10 e PM2,5 é o que se describe na norma UNE-EN 12341:2015 "Aire ambiente. Método de medición gravimétrico normalizado para a determinación da concentración másica de PM10 ou PM2,5 da materia particulada en suspención".

    Para empregar sistemas automáticos de medida, que proporcionan datos a tempo real, é necesario establecer a función de corrección respecto ao método de referencia. Isto realízase seguindo as indicacións da "Guía para os Estados Membros sobre medidas de PM10 e intercomparación co método de referencia" e as indicacións da Norma UNE-EN 16450:2017 "Aire ambiente: sistemas automáticos de medida para a medición da concentración de materia particulada (PM10 e PM2,5)". 

  • Nivéis de desagregación: A rede de vixilancia ambiental do aire ten definidas determinadas zonas xeográficas para cada contaminante. No caso das partículas en suspensión (PM10 e PM 2,5), a zonificación do territorio galego se corresponde coas zonas de Lugo, Ourense, Pontevedra, A Mariña, Arteixo, A Coruña+área metropolitana, Santiago+ área metropolitana, Vigo+ área metropolitana, Ferrol+ área metropolitana, Oural, A Limia e Nova Galicia Rural. 

    9 destas 12 zonas coinciden con áreas metropolitanas e a décima “Nova Galicia Rural” representa ao resto de concellos. 

  • Limiares:

    PM2,5

    A continuación amósase a categorización da concentración de partículas no aire en función dos rangos de valores (µg/m3):

    • por debaixo do limiar inferior de avaliación: ≤12;
    • entre o limiar inferior e o limiar superior de avaliación: 13-17;
    • entre o limiar superior de avaliación e o valor límite: 18-25;
    • por riba do valor límite: >25.

    PM10

    A continuación amósase a categorización da concentración de partículas no aire en función dos rangos de valores (µg/m3):

    • por debaixo do limiar inferior de avaliación: ≤20;
    • entre o limiar inferior e o limiar superior de avaliación: 21-28;
    • entre o limiar superior de avaliación e o valor límite: 29-40;
    • por riba do valor límite: >40;
Descargar CSVDescargar Excel
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo PM10 Media Anual (µg/m3) PM2,5 Media Anual (µg/m3)
2022 Concello 36051 Sanxenxo 18,00 9,90
2022 Concello 36052 Silleda 18,00 9,90
2022 Concello 36053 Soutomaior 18,00 9,90
2022 Concello 36054 Tomiño 18,00 9,90
2022 Concello 36055 Tui 18,00 9,90
2022 Concello 36056 Valga 18,00 9,90
2022 Concello 36057 Vigo 27,00 17,00
2022 Concello 36058 Vilaboa 18,00 9,90
2022 Concello 36059 Vila de Cruces 18,00 9,90
2022 Concello 36060 Vilagarcía de Arousa 18,00 9,90
2022 Concello 36061 Vilanova de Arousa 18,00 9,90
2022 Concello 36901 A Illa de Arousa 18,00 9,90
2022 Concello 36902 Cerdedo-Cotobade 18,00 9,90