Ir o contido principal

Cumprimento de auditorías internas

O indicador «Cumprimento de auditorías internas» proporciona unha análise do programa de auditorías internas que permite avaliar o grao de cumprimento das auditorías internas previamente planificadas da Dirección Xeral de Saúde Pública.

O indicador de cumprimento no programa de auditorías internas resulta de calcular a porcentaxe de auditorías internas realizadas das auditorías internas programadas durante o ano. A información que proporciona  pode ser utilizada para mellorar a eficacia e a eficiencia das auditorías internas.

No marco global da mellora continua e seguindo o ciclo PDCA, na etapa de REVISIÓN (Check), avalíanse os resultados, comprobando o grao de cumprimento do planificado e a eficacia do sistema. Para iso empréganse as técnicas de supervisión, verificación da eficacia e auditorías do control oficial.

Dentro destas últimas, as auditorías internas son as realizadas ou encargadas pola propia organización.

O Regulamento (UE) 2017/625 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os controis e outras actividades oficiais realizados para garantir a aplicación da lexislación sobre alimentos e pensos, e das normas sobre saúde e benestar dos animais, sanidade vexetal e produtos fitosanitarios, establece no seu artigo 6 que «As autoridades competentes realizarán auditorías internas ou ordenarán que llas fagan e, atendendo ao seu resultado, adoptarán as medidas oportunas. Estas auditorías serán obxecto dun exame independente e levaranse a cabo de maneira transparente».

Para iso empréganse as técnicas de supervisión, verificación da eficacia e auditorías do control oficial.

As auditorías internas son un exame sistemático, independente para determinar se as actividades e os seus resultados se corresponden cos plans previstos e se estes se aplican eficazmente e son adecuados para alcanzar os obxectivos. Permítelle á organización avaliar o grado de cumprimento dos seus obxectivos.

O organismo auditor deberá ser independente da actividade auditada e non estar en situación de parcialidade ou conflito de intereses con ela, non debendo sufrir presións de ningún tipo que poidan influír nas súas conclusións ou no resultado do proceso de auditoría.

Os obxectivos estratéxicos que se pretenden acadar son:

  • Verificar a aplicación efectiva das disposicións previstas e a súa adecuación para alcanzar os obxectivos da lexislación vixente.
  • Realizar un control periódico, asegurar a implementación, eficacia e cumprimento do sistema de calidade.
  • Detectar boas prácticas que permitan mellorar o control oficial.

As auditorías internas poden ser de dous tipos:

  • Auditorías horizontais: son aquelas auditorías onde os criterios de auditoría se refiren a requisitos xerais relacionados coa autoridade competente ou coa lexislación vixente. 
  • Auditorías verticais: son aquelas auditorías onde os criterios de auditoría se refiren a requisitos específicos do control oficial relacionados con determinado sector ou programa.

Tras a realización dunha auditoría interna por parte do equipo auditor formado e independente da unidade auditada resulta un informe con conformidades, non conformidades ou observacións.

  • Conformidade: cumprimento dun criterio de auditoría. Isto é, conxunto de políticas, procedementos, requisitos legais ou outros requisitos usados como referencia fronte aos cales se comparan as evidencias obtidas nunha auditoría.
  • Non conformidade: incumprimento dun criterio de auditoría.
  • Observación: aspecto ou fallo puntual e/ou nacente que non ten suficiente relevancia para considerarse non conformidade, pero que podería chegar a selo se non se corrixe.

Do informe resultante proponse una plan de acción para corrixir as non conformidades ou observacións detectadas. Este plan de acción comunícase para a súa implementación polas unidades de control oficial.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
O gráfico representa
Período
Ámbito
Espazo