Mortalidade por cancro de colo de útero. Taxa axustada
Mortalidade por cancro de colo de útero (SVEC-G)
- Indicadores: Taxa bruta e axustada por idade, co método directo (poboación de referencia: censo de Galicia de 2001, censo de Galicia de 2011, poboación europea de 2013, poboación mundial de 1977). Taxas por 100.000 habitantes.
- Defuncións: Mortes de mulleres residentes en Galicia, con causa básica de defunción co código 180, na 9ª revisión da Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) e o código C53 na 10ª revisión. Datos obtidos do Rexistro de Mortalidade de Galicia.
- Poboación: Poboación de mulleres residentes en Galicia o 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do padrón municipal de habitantes.
- Periodicidade: Anual.
Contexto: A información proporcionada para este conxunto de indicadores enmárcase dentro do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G).
En Galicia, as enfermidades crónicas son a causa principal de mortalidade, morbilidade e gasto do sistema sanitario. A frecuencia destas enfermidades na poboación depende da presenza nela dos distintos factores que aumentan o risco de padecelas (factores de risco), dos que evitan que ocorra (factores protectores) ou dos que, de ocorrer, fan que a enfermidade non sexa tan grave como sería de non concorreren intervencións e prácticas preventivas.
O SVEC-G integra información sobre indicadores que resumen a frecuencia e o impacto que na mortalidade e morbilidade teñen as enfermidades crónicas máis relevantes en Galicia, así como de determinados factores de risco.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Taxa axustada (Pob. 2001)[x100000] | Taxa axustada (Pob. 2011)[x100000] | Taxa axustada (Pob. europea)[x100000] | Taxa axustada (Pob. mundial)[x100000] |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1981 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | Mulleres | 1,86 | 2,01 | 1,87 | 1,40 |
1981 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Mulleres | 0,69 | 0,78 | 0,75 | 0,64 |
1981 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | Mulleres | 1,31 | 1,34 | 1,33 | 1,15 |
1981 | Área sanitaria | VI | Vigo | Mulleres | 0,82 | 0,76 | 0,74 | 0,80 |
1980 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | Mulleres | 2,61 | 3,19 | 2,66 | 1,08 |
1980 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | Mulleres | 1,46 | 1,34 | 1,28 | 0,70 |
1980 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Mulleres | 0,64 | 0,73 | 0,69 | 0,59 |
1980 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | Mulleres | 1,83 | 2,45 | 1,82 | 0,64 |
1980 | Área sanitaria | VI | Vigo | Mulleres | 1,12 | 1,09 | 1,08 | 0,63 |
1980 | Comunidade | 12 | Galicia | Mulleres | 2,02 | 2,28 | 2,00 | 1,10 |
1980 | Provincia | 15 | A Coruña | Mulleres | 2,74 | 3,20 | 2,77 | 1,64 |
1980 | Provincia | 27 | Lugo | Mulleres | 2,61 | 3,19 | 2,66 | 1,08 |
1980 | Provincia | 32 | Ourense | Mulleres | 1,46 | 1,34 | 1,28 | 0,70 |
1980 | Provincia | 36 | Pontevedra | Mulleres | 0,80 | 0,82 | 0,80 | 0,52 |
1980 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | Mulleres | 2,78 | 3,11 | 2,75 | 1,92 |
1980 | Área sanitaria | FE | Ferrol | Mulleres | 3,39 | 3,64 | 3,66 | 2,40 |