Ir o contido principal

Porcentaxe de poboación maior de 60 anos vacinada de covid

Tras as primeiras campañas de inmunización poboacional frente ao coronavirus SARS-CoV-2 iniciadas a finais de 2020, a estratexia actual de vacinación fronte á COVID-19 diríxese a protexer a poboación máis vulnerable da enfermidade grave causada polo virus.

Aínda que o SARS-CoV-2 non ten un marcado carácter estacional, en xeral os virus respiratorios circulan máis e causan máis patoloxía durante o outono e o inverno. Por iso, no 2023 estableceuse unha campaña de vacinación estacional fronte á COVID-19 a partir de finais de setembro. A campaña organizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública estendeuse ata o 26 de xaneiro de 2024, e realizouse de maneira conxunta coa campaña da gripe.

Como en ocasións anteriores, realizouse unha convocatoria activa a través de SMS para facilitar a organización da campaña e empregáronse recintos de alta capacidade en todas as áreas sanitarias que permitiron vacinar a un gran número de persoas nun menor tempo. Tamén se ofreceu a vacinación dende os centros de saúde de cabeceira para as persoas de 80 e máis anos e para todas aquelas persoas con problemas de mobilidade. No caso das persoas internas en residencias ou centros de discapacidade, a vacinación realizouse in situ nos propios centros. 

O obxectivo da vacinación fronte á COVID-19 é reducir a morbimortalidade polo virus, xa que aínda que causa unha infección respiratoria que adoita ser leve e que se autoresolve en poucos días, pódese agravar e ser mesmo mortal, especialmente nalgúns grupos de persoas máis vulnerables pola idade ou por situacións de inmunosupresión
 

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2023 Provincia 15 A Coruña 74,97
2023 Provincia 27 Lugo 64,06
2023 Provincia 32 Ourense 64,89
2023 Provincia 36 Pontevedra 56,43
2023 Provincia 12 Galicia 66,19
2023 Área Sanitaria CO A Coruña e Cee 73,43
2023 Área Sanitaria FE Ferrol 72,63
2023 Área Sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 69,47
2023 Área Sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 64,06
2023 Área Sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 64,89
2023 Área Sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 64,08
2023 Área Sanitaria VI Vigo 56,82