Ir o contido principal

Porcentaxe de poboación maior de 64 anos vacinada de covid

Tras as primeiras campañas de inmunización poboacional frente ao coronavirus SARS-CoV-2 iniciadas a finais de 2020, a estratexia actual de vacinación fronte á COVID-19 diríxese a protexer a poboación máis vulnerable da enfermidade grave causada polo virus.

Aínda que o SARS-CoV-2 non ten un marcado carácter estacional, en xeral os virus respiratorios circulan máis e causan máis patoloxía durante o outono e o inverno. Por iso, no 2023 estableceuse unha campaña de vacinación estacional fronte á COVID-19 a partir de finais de setembro. A campaña organizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública estendeuse ata o 26 de xaneiro de 2024, e realizouse de maneira conxunta coa campaña da gripe.

Como en ocasións anteriores, realizouse unha convocatoria activa a través de SMS para facilitar a organización da campaña e empregáronse recintos de alta capacidade en todas as áreas sanitarias que permitiron vacinar a un gran número de persoas nun menor tempo. Tamén se ofreceu a vacinación dende os centros de saúde de cabeceira para as persoas de 80 e máis anos e para todas aquelas persoas con problemas de mobilidade. No caso das persoas internas en residencias ou centros de discapacidade, a vacinación realizouse in situ nos propios centros. 

O obxectivo da vacinación fronte á COVID-19 é reducir a morbimortalidade polo virus, xa que aínda que causa unha infección respiratoria que adoita ser leve e que se autoresolve en poucos días, pódese agravar e ser incluso mortal, especialmente nalgúns grupos de persoas máis vulnerables pola idade ou por situacións de inmunosupresión
Porcentaxe de poboación maior de 64 anos vacinada da COVID-19

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2023 Provincia 15 A Coruña 79,12
2023 Provincia 27 Lugo 68,52
2023 Provincia 32 Ourense 69,51
2023 Provincia 36 Pontevedra 61,21
2023 Provincia 12 Galicia 70,67
2023 Área Sanitaria CO A Coruña e Cee 77,53
2023 Área Sanitaria FE Ferrol 76,58
2023 Área Sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 73,87
2023 Área Sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 68,52
2023 Área Sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 69,51
2023 Área Sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 68,79
2023 Área Sanitaria VI Vigo 61,64