Ir o contido principal

Porcentaxe de poboación maior de 80 anos vacinada da gripe

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, realiza ininterrompidamente desde o ano 1991 a campaña anual de vacinación antigripal, aproximadamente entre os meses de outubro e decembro. 

Esta enfermidade pode ser grave e incluso mortal, especialmente nalgúns grupos, tales como as persoas maiores, as mulleres embarazadas e aquelas persoas con condiciones médicas que as predispoñan ao padecemento de complicacións por esta enfermidade.

O obxectivo desta vacinación anual é reducir a mortalidade, a morbilidade e os custos socioeconómicos asociados ao seu padecemento.  Por iso ofrécese de maneira gratuíta ás persoas incluídas nos grupos de risco co fin de conseguir unhas adecuadas coberturas.

No ano 2022 ademais incorporouse a protección na poboación infantil (nenos e nenas de 6 a 59 meses)  dada a alta carga da enfermidade e as taxas de hospitalización neste grupo de idade, incluíndo complicacións, infeccións bacterianas secundarias e consumo de antibióticos asociados. Ademais a vacinación na infancia diminúe tamén a enfermidade noutros grupos de idade ao reducir a transmisión dos nenos/as aos maiores.

A vacina da gripe reformúlase todos os anos debido ás variacións que se producen nos virus gripais, co obxecto de que concorden o máis posible os virus incluídos na vacina cos virus circulantes e todas elas deben conter as cepas especificadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Dende 2022, amósanse os indicadores para a poboación de risco por idade en dous tramos (60 e máis anos, 80 e máis anos). Ata esa data, o indicador construíase só para a poboación de 65 e máis anos.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2023 Comunidade 12 Galicia 82,38
2023 Provincia 15 A Coruña 85,64
2023 Provincia 27 Lugo 80,88
2023 Provincia 32 Ourense 83,28
2023 Provincia 36 Pontevedra 78,10
2023 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 86,38
2023 Área sanitaria FE Ferrol 82,72
2023 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 84,28
2023 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 80,88
2023 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 83,28
2023 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 80,33
2023 Área sanitaria VI Vigo 77,21
2022 Comunidade 12 Galicia 82,63
2022 Provincia 15 A Coruña 86,36
2022 Provincia 27 Lugo 82,91
2022 Provincia 32 Ourense 84,35
2022 Provincia 36 Pontevedra 71,67
2022 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 84,56
2022 Área sanitaria FE Ferrol 83,21
2022 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 80,17
2022 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 82,91
2022 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 84,35
2022 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 80,83
2022 Área sanitaria VI Vigo 73,15