Porcentaxe de poboación maior de 80 anos vacinada de covid
Tras as primeiras campañas de inmunización poboacional frente ao coronavirus SARS-CoV-2 iniciadas a finais de 2020, a estratexia actual de vacinación fronte á COVID-19 diríxese a protexer a poboación máis vulnerable da enfermidade grave causada polo virus.
Aínda que o SARS-CoV-2 non ten un marcado carácter estacional, en xeral os virus respiratorios circulan máis e causan máis patoloxía durante o outono e o inverno. Por iso, no 2023 estableceuse unha campaña de vacinación estacional fronte á COVID-19 a partir de finais de setembro. A campaña organizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública estendeuse ata o 26 de xaneiro de 2024, e realizouse de maneira conxunta coa campaña da gripe.
Como en ocasións anteriores, realizouse unha convocatoria activa a través de SMS para facilitar a organización da campaña e empregáronse recintos de alta capacidade en todas as áreas sanitarias que permitiron vacinar un gran número de persoas nun menor tempo. Tamén se ofreceu a vacinación dende os centros de saúde de cabeceira para as persoas de 80 e máis anos e para todas aquelas persoas con problemas de mobilidade. No caso das persoas internas en residencias ou centros de discapacidade, a vacinación realizouse in situ nos propios centros.
O obxectivo da vacinación fronte á COVID-19 é reducir a morbimortalidade polo virus, xa que aínda que causa unha infección respiratoria que adoita ser leve e que se autoresolve en poucos días, pódese agravar e ser incluso mortal, especialmente nalgúns grupos de persoas máis vulnerables pola idade ou por situacións de inmunosupresión
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Porcentaxe |
---|---|---|---|---|
2023 | Comunidade | 12 | Galicia | 78,99 |
2023 | Provincia | 15 | A Coruña | 84,90 |
2023 | Provincia | 27 | Lugo | 75,08 |
2023 | Provincia | 32 | Ourense | 78,32 |
2023 | Provincia | 36 | Pontevedra | 73,47 |
2023 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 85,95 |
2023 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 83,46 |
2023 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 81,75 |
2023 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 75,08 |
2023 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 78,32 |
2023 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 76,95 |
2023 | Área sanitaria | VI | Vigo | 71,87 |