Investigación
INVESTIGACIÓN
// RADÓN
Ampliación do Mapa de Radón de Galicia
Realizáronse medicións de radón residencial posibilitando unha mellor caracterización da exposición a gas radón en Galicia, gas moi prevalente na nosa comunidade e que afecta á saúde da poboación.
Na páxina web do laboratorio de Radon de Galicia pódese consultar o mapa e as medicións dos niveis de radón nos concellos de Galicia.
https://radon.gal/es/mapa-de-radon-de-galicia/
Deseño e valoración dun estudo piloto de detección precoz de cancro de pulmón a través de medicións de radon residencial dentro do estudo LUNG GAL
Proxecto piloto no que se está deseñando a inclusión de medicións de radon residencial en suxeitos voluntarios que recibisen un TAC pulmonar. Na actualidade está a valorarse a mellor maneira de ofertar as medicións voluntarias mencionadas aos participantes no devandito estudo. Esta investigación será pioneira a nivel internacional
// TEMPERATURA
Análises do sistema de alertas de temperatura do Instituto de Saúde Carlos III e proposta de estudo.
Realizouse unha análise exhaustiva da literatura e comparouse o diferente funcionamento da sistemática de alertas empregado polo Ministerio de Sanidade fronte a outro que podería ter fontes de información diferentes.