Metodoloxía da enquisa de obesidade infantil
- Nome: Enquisa de obesidade infantil en Galicia.
- Periodicidade: Enquisa única no ano 2013.
- Responsable: Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP). Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.
- Ámbito xeográfico: Galicia.
- Ámbito poboacional: Escolares galegos de Educación Primaria (EP), aproximadamente 133.000, e de Educación Secundaria (ESO), aproximadamente 87.500, segundo datos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria correspondentes ao curso 2012-2013.
- Ámbito temporal: Outubro-novembro de 2013, que corresponde ao primeiro trimestre do curso 2013-2014.
- Marco de mostraxe: Censo de centros escolares que imparten EP e ESO en Galicia, proporcionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con datos do curso 2012-2013.
- Procedemento de mostraxe: Mostraxe bietápica estratificada.
- Primeira etapa: seleccionáronse centros escolares que imparten EP, ESO ou os dous niveis educativos, tanto de titularidade pública como privada. A selección realizouse con probabilidade proporcional ao tamaño do centro.
- Segunda etapa: selecciouse unha mostra aleatoria de 3 aulas de EP e 2 aulas de ESO, segundo o nivel educativo do centro. Incluíronse no estudo todos os alumnos das aulas seleccionadas, de 6 a 15 anos. Criterio de estratificación: grao de urbanización dos concellos aos que pertencen os centros educativos (6 estratos).
- Tamaño da mostra:
- 137 centros, 56 de EP, 51 de ESO e 29 que teñen tanto EP como ESO.
- 255 aulas de EP e 161 aulas de ESO.
- 4.550 escolares de EP e 2.893 de ESO (7.443 en total).
- Método de recollida da información: Presencial nos centros educativos.
- Cuestionario: O instrumento de medida incluía un parte de medicións onde os enquisadores rexistraban o peso, a estatura e o perímetro de cintura, e un breve cuestionario de 7 preguntas sobre datos demográficos, hábitos relacionados co almorzo, o xantar e a actividade física.