Ir o contido principal

Saúde Ambiental

 A Saúde Ambiental é un área troncal en Saúde Pública, que ten como obxectivo a vixilancia, prevención e protección da saúde da poboación fronte a factores ambientais de risco (físicos, químicos e biolóxicos), co fin de contribuír a mellorar a calidade de vida do ser humano e a conservación do medio ambiente, xerando contornas saudables e actuando sobre os determinantes de saúde.

O Servizo de Saúde Ambiental ten entre as súas funcións a planificación, programación, seguimento e avaliación das actividades de control oficial nun marco normativo e técnico para a protección da saúde fronte a estes factores ambientais.

Para darlle resposta a esta obriga puxerónse en marcha os distintos programas de vixilancia sanitaria que teñen a súa compentencia en: augas de consumo humano; establecementos, servizos e produtos biocidas; produtos químicos, lexionelose, piscinas; zonas de baño; espazos termais; centros de bronceado; establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing; cosméticos e produtos de coidado persoal e sanidade mortuoria.

Neste apartado recóllense algúns dos rexistros relacionados con estes programas nun formato fácilmente consultable.

 

Máis información: Web de Saúde Pública