Ir o contido principal

Cobertura da primeira dose do virus do papiloma humano (VPH)

A vacinación fronte ao virus do papiloma humano (VPH) consta da administración aos 12 anos de dúas doses separadas 6 meses. No calendario de inmunización ao longo da vida recóllese ademais un proceso de recaptación das persoas de menos de 26 anos con dúas doses, así como daquelas demais de 26 anos con 3 doses (0, 2 e 6 meses). Tamén está indicada en situacións de risco (vexa a seguinte ligazón: NOTA INFORMATIVA SOBRE A PAUTA DE VACINACIÓN FRONTE AO VIRUS DO PAPILOMA

Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.

No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte ao VPH mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos 1 dose. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.

Descargar CSVDescargar Excel