Ir o contido principal

Cobertura da vacinación de herpes zóster (HZ) aos 65 anos

A vacina fronte ao herpes zóster (HZ) é unha vacina incorporada no ano 2023 destinada á inmunización fronte a esta enfermidade. A vacina adminístrase de maneira sistemática aos 65 anos e aos 80 anos, con dúas doses cada vez. Así mesmo, tamén reciben esta vacina determinados grupos de alto risco. Pode atopar máis información consultando o Calendario de Inmunización do Programa Galego de Vacinación e as Recomendacións de Vacinación fronte ao Herpes Zóster.

No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte ao herpes zóster (HZ) mediante o cálculo da porcentaxe de persoas que recibiron alomenos 2 doses da vacina. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 2 doses desta vacina e no denominador incluiranse todas as persoas da mesma cohorte de nacemento.

Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo