Cobertura da vacinación de neumococo conxugada (VNC) aos 65 anos
A estratexia de vacinación fronte a enfermidade pneumónica consta da administracións de catro doses da vacina 20 valente (VCN20) aos 2, 4, 6 e 11 meses de idade. Así mesmo tamén se emprega na vacinación dos maiores de 65 anos. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á enfermidade pneumocócica mediante o cálculo da porcentaxe de persoas que recibiron 1 dose de VNC20. No numerador do presente indicador figurará o número de persoas da mesma cohorte de idade que recibiron 1 dose desta vacina e no denominador incluiranse o número total de persoas desa mesma cohorte.