Incidencia de cancro de mama. Taxa axustada
Incidencia de cancro de mama
- Indicadores: Taxa bruta e axustada por idade, co método directo (poboación de referencia: poboación europea-2013). Taxas por 100.000 habitantes.
- Incidentes: Mulleres residentes en Galicia de todas as idades diagnosticadas de cancro de mama en hospitais públicos galegos ou en POVISA, cun diagnóstico dunha neoplasia maligna primaria con código topográfico C50 na Clasificación Internacional de Enfermidades para Oncoloxía e con 5.º díxito de código de comportamento 3 (maligno sitio primario). Datos obtidos a partir do Rexistro de Diagnósticos de Anatomía Patolóxica, Conxunto Mínimo Básico de Datos de Altas Hospitalarias (CMBD-AH), Rexistro de Mortalidade de Galicia, Tarxeta Sanitaria, Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama.
- Poboación: Poboación de mulleres residentes en Galicia, o 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do padrón municipal de habitantes.
- Periodicidade: Anual.
Contexto: A información proporcionada para este conxunto de indicadores enmárcase dentro do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G).
En Galicia, as enfermidades crónicas son a causa principal de mortalidade, morbilidade e gasto do sistema sanitario. A frecuencia destas enfermidades na poboación depende da presenza nela dos distintos factores que aumentan o risco de padecelas (factores de risco), dos que evitan que ocorra (factores protectores) ou dos que, de ocorrer, fan que a enfermidade non sexa tan grave como sería de non concorreren intervencións e prácticas preventivas.
O SVEC-G integra información sobre indicadores que resumen a frecuencia e o impacto que na mortalidade e morbilidade teñen as enfermidades crónicas máis relevantes en Galicia, así como de determinados factores de risco.
Mortalidade por cancro de ovario
Mortalidade por cancro de ovario
Mortalidade por cancro de ovario
Mortalidade por cancro de ovario
Mortalidade por cancro de páncreas
Mortalidade por cancro de páncreas
Mortalidade por cancro de páncreas
Mortalidade por cancro de páncreas
Mortalidade por cancro de próstata
Mortalidade por cancro de próstata
Mortalidade por cancro de próstata
Mortalidade por cancro de próstata
Mortalidade por cancro de pulmón
Mortalidade por cancro de pulmón
Mortalidade por cancro de pulmón
Mortalidade por cancro de pulmón
Mortalidade por cancro de recto
Mortalidade por cancro de recto
Mortalidade por cancro de recto
Mortalidade por cancro de recto