Mortalidade por enfermidades do sistema circulatorio en persoas de 35 a 84 anos. Taxa axustada
Mortalidade por enfermidades do sistema circulatorio en persoas de 35 a 84 anos
- Indicadores: Taxa bruta e axustada por idade, co método directo (poboación de referencia: censo de Galicia de 2001, censo de Galicia de 2011, poboación europea de 2013, poboación mundial de 1977). Taxas por 100.000 habitantes.
- Defuncións: Mortes de persoas residentes en Galicia de 35 a 84 anos, con causa básica de defunción cos códigos 390-459, excepto 427.5, 435, 446 e 459.0 na 9ª revisión da Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) e códigos I00-I99 na 10ª revisión. Datos obtidos do Rexistro de Mortalidade de Galicia.
- Poboación: Poboación residente en Galicia de 35 a 84 anos o 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do padrón municipal de habitantes.
- Periodicidade: Anual.
Contexto: A información proporcionada para este conxunto de indicadores enmárcase dentro do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G).
En Galicia, as enfermidades crónicas son a causa principal de mortalidade, morbilidade e gasto do sistema sanitario. A frecuencia destas enfermidades na poboación depende da presenza nela dos distintos factores que aumentan o risco de padecelas (factores de risco), dos que evitan que ocorra (factores protectores) ou dos que, de ocorrer, fan que a enfermidade non sexa tan grave como sería de non concorreren intervencións e prácticas preventivas.
O SVEC-G integra información sobre indicadores que resumen a frecuencia e o impacto que na mortalidade e morbilidade teñen as enfermidades crónicas máis relevantes en Galicia, así como de determinados factores de risco.
A mortalidade evitable é considerada un bo indicador para avaliar o efecto das intervencións...
Incidencia de cancro de mama
Porcentaxe de poboación con mala valoración do estado de saúde (datos autodeclarados).
Prevalencia de sobrepeso en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de obesidade en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de sobrepeso en mozos
Prevalencia de obesidade en mozos.
Prevalencia de sobrepeso en mulleres de 18 a 44 anos (datos autodeclarados).
Prevalencia de obesidade en mulleres de 18 a 44 anos (datos autodeclarados).
O indicador titulado «Incidencia da infección polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH)»...