Mortalidade xeral. Tasa axustada
Neste apartado preséntanse datos sobre a mortalidade xeral para a poboación residente en Galicia, achegando unha visión global da mortalidade anual na Comunidade.
Os datos de mortalidade para a poboación residente en Galicia proceden do Instituto Nacional de Estatística (INE) para o período 1980-1986 e do Rexistro de Mortalidade de Galicia dende o ano 1987. Ata 1998 empregouse a 9ª Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE-9) e a partir de 1999 a CIE-10.
As poboacións de Galicia para o período 1980-1997 son estimacións intercensuais o 1 de xaneiro, calculadas na Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) polo método de Aitkin a partir dos censos de 1981 e 1991 e os padróns de 1986, 1996 e 1998. Para o período que comeza en 1998 tomáronse os datos da Renovación Anual do Padrón, procedentes do Instituto Galego de Estatística (IGE).
A taxa axustada estima o número de mortes por cada 100.000 habitantes que habería na poboación estudada se tivese a distribución por idade da poboación estándar. Como poboación estándar pódese elixir entre o censo de Galicia do ano 2001 e do ano 2011, a poboación europea (2013) ou a poboación mundial (1977).
As taxas axustadas de distintas poboacións pódense comparar, mais os seus valores, fóra dos propósitos da comparación, carecen de significado.
A mortalidade evitable é considerada un bo indicador para avaliar o efecto das intervencións...
Incidencia de cancro de mama
Porcentaxe de poboación con mala valoración do estado de saúde (datos autodeclarados).
Prevalencia de sobrepeso en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de obesidade en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de sobrepeso en mozos
Prevalencia de obesidade en mozos.
Prevalencia de sobrepeso en mulleres de 18 a 44 anos (datos autodeclarados).
Prevalencia de obesidade en mulleres de 18 a 44 anos (datos autodeclarados).
O indicador titulado «Incidencia da infección polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH)»...