Prevalencia de sobrepeso en mozos
Prevalencia de sobrepeso en mozos
- Ámbito poboacional: Estudantes de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) residentes en Galicia.
- Indicador: Porcentaxe de estudantes de 4º de ESO (15-16 anos maioritariamente) con índice de masa corporal (IMC=Peso/altura2) entre os dous puntos de corte propostos por Cole para o sobrepeso en función da idade e o sexo; o IMC calcúlase a partir do peso e a altura autodeclarados. Acompáñase de intervalos de confianza do 95%.
- Fonte de datos: Sistema de Información sobre Condutas de Risco para a saúde na Xuventude (SIX). O SIX recolle datos sobre condutas relacionadas coa saúde nos estudantes residentes en Galicia matriculados en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Neste curso o alumnado ten 15 anos a 31 de decembro, excepto aqueles que repiten curso.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Prevalencia | Límite inferior (IC95%) | Límite superior (IC95%) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 14,72 | 13,38 | 16,16 |
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Homes | 17,32 | 15,50 | 19,31 |
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Mulleres | 12,12 | 10,38 | 14,11 |
2007 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 14,25 | 12,63 | 16,05 |
2007 | Comunidade | 12 | Galicia | Homes | 18,49 | 15,83 | 21,48 |
2007 | Comunidade | 12 | Galicia | Mulleres | 10,74 | 8,96 | 12,81 |