Ir o contido principal

Metodoloxía: Sistema de información sobre condutas de risco para a saúde na xuventude (SIX)

Sistema de información sobre condutas de risco para a saúde na xuventude (SIX).

  • Nome: Sistema de información sobre condutas de risco para a saúde na xuventude (SIX).
  • Periodicidade: 2007 e 2014.
  • Responsable: Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP). Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.
  • Ámbito xeográfico: Galicia.
  • Ámbito poboacional: Estudantes matriculados en 4.º de ESO (curso no que todo o alumnado ten 15 anos o 31 de decembro, agás aqueles que repiten curso).
  • Ámbito temporal: Os períodos de recollida da información de cada unha das edicións foron os seguintes:
    • 2014: outubro e novembro de 2014
    • 2007: novembro e decembro de 2007
  • Marco da mostraxe: Censo de centros escolares que imparten ensino secundario en Galicia, tanto público como privado, proporcionado pola Consellería de Educación. Del elimínanse aqueles centros que non imparten 4.º de ESO ou aqueles que teñen menos de 10 alumnos e alumnas por aula.
  • Procedemento da mostraxe: Mostraxe unietápica estratificada de conglomerados. As unidades de primeira etapa son as aulas de 4.º de ESO e as unidades de análise, o alumnado matriculado nas aulas seleccionadas. Os criterios de estratificación son o tamaño do concello e o seu nivel de renda (4 estratos).
  • Tamaño da mostra: Os tamaños mostrais de cada unha das edicións foron os seguintes:
    • 2014: 2.415
    • 2007: 2.041
  • Método de recollida da información: Cuestionario anónimo autocuberto en soporte papel, baixo a supervisión dunha persoa enquisadora previamente adestrada e allea ao centro escolar.
  • Cuestionario: Emprégase un cuestionario estandarizado e anónimo. O cuestionario está dispoñible en galego. O cuestionario recolle información sobre variables sociodemográficas, consumo de tabaco e exposición ao fume ambiental de tabaco, calidade da dieta, adiposidade e percepción da imaxe, sedentarismo e accidentabilidade. A edición de 2014 incluíu ademais preguntas sobre acoso escolar e consumo de bebidas alcohólicas.