Ir o contido principal

Número de IVE segundo idade da muller (en anos)

Neste apartado móstranse datos das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE) realizadas en España por mulleres que residen en Galicia [1]. Os datos proceden dos centros acreditados para realizar IVE, que teñen a obriga de notificarlle a Sanidade unha serie de datos (anónimos) de cada IVE que nel se realiza [2]. En Galicia os centros acreditados envían estas notificacións ao Rexistro Galego de IVE, que depende da DXSP, que, pola súa banda, os envía ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Estas notificacións enviadas ao Ministerio fan referencia ás IVE realizadas en Galicia tanto en mulleres que residen nela como fóra dela. Dado que todas as comunidades autónomas levan a cabo o mesmo procedemento, o Ministerio está en condicións de devolverlles ás comunidades as IVE realizadas fóra da Comunidade de mulleres que residen nela. Deste xeito, como quedou dito, os datos do Rexistro Galego conteñen todas as IVE realizadas en España por mulleres que residen en Galicia. Pola contra, non constan os datos das IVE realizadas fóra de España nin, por suposto, aquelas que non foran notificadas.

Contidos e consideracións metodolóxicas

As táboas e gráficos que se mostran tratan as IVEs ademais de como número absoluto, como porcentaxe, taxa e razón.

En concreto, móstrase a taxa de IVE específica por grupo de idade (é dicir, número de IVE realizadas por mulleres dun grupo de idade determinado dividido polo número de mulleres dese mesmo grupo, multiplicado por mil só para favorecer a lectura do resultado), que, a diferenza do que ocorre cos números absolutos, permite facer comparacións entre os distintos grupos de idade e comparar os valores de distintos períodos.

Ademais da taxa de IVE específica, móstrase a taxa de IVE axustada á poboación de mulleres galegas (datos do censo de 2001) entre os 15 e 44 anos de idade e os 14 e 49 anos. Este axuste permite controlar as diferenzas que pode haber nas distribucións por idade nas mulleres en distintos períodos (véxase, por exemplo a pirámide de poboación que se comenta despois) e entre distintos lugares, como as provincias galegas. Este control fai posible que, a diferenza do que ocorre cos números absolutos, se poidan comparar as taxas de IVE de diferentes poboacións e de diferentes momentos nunha mesma poboación.

A razón fai referencia ao cociente entre o número de IVE e o número de nacementos ocorridos en mulleres dunha certa idade ou de certo lugar. A razón multiplícase por 10.000 só para facilitar a lectura do resultado, e ao relacionala coa taxa de IVE (taxa/razón) pódese obter unha taxa de natalidade (é dicir, número de nenos nados dividido entre o número de mulleres).

Ademais dos números absolutos, taxas e razóns, pódese obter a distribución porcentual de IVE segundo: o momento da interrupción (semana de xestación, interrupcións precoces e serodias [3]), o motivo da IVE, o método empregado para realizala, os antecedentes das mulleres (número de fillos e de IVE previas), o lugar onde se soubo da posibilidade da IVE, o lugar de nacemento e a nacionalidade.

Os datos de poboación anual de mulleres para o período 1990-1997 son estimacións intercensuais calculadas a partir dos censos de 1981 e 1991 e os padróns de 1986, 1996 e 1998; e para o período que comeza en 1998 tomáronse os datos da Renovación Anual do Padrón, procedentes do Instituto Galego de Estatística (IGE). Os nacementos por idade da nai proceden do IGE.

[1] A Lei orgánica 9/1985, vixente ata o ano de 2010, despenalizaba a IVE nos tres supostos seguintes: cando existía perigo para a vida ou saúde da embarazada, cando o embarazo fora consecuencia dunha violación e cando existía a presunción de que o feto ía nacer con graves taras. No segundo e terceiro suposto a IVE debíase realizar dentro das 12 e 22 primeiras semanas de xestación, respectivamente.
O 5 de xullo de 2010, entrou en vigor a Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo (BOE N.º 55, do 4 de marzo do 2010). Segundo esta lei, poderase interromper o embarazo a petición da muller (nas 14 primeiras semanas de xestación) ou polas seguintes causas médicas: grave risco para a vida ou saúde da embarazada (nas 22 primeiras semanas de xestación), risco de graves anomalías no feto (nas 22 primeiras semanas de xestación) e, por último, enfermidade extremadamente grave e incurable no feto ou incompatible coa vida.

[2] Obriga que estableceu a Orde do 16 de xuño de 1986, na que se que dispoñen as condicións para poder levar a cabo a información epidemiolóxica e mais a explotación estatística dos datos obtidos.

[3] Precoz é a IVE que se realiza antes de 9 semanas de xestación, e serodia a que se realiza despois de 15 semanas.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Idade da muller Total [IVEs]
2003 Comunidade 12 Galicia 16 50
2003 Comunidade 12 Galicia 17 78
2003 Comunidade 12 Galicia 18 97
2003 Comunidade 12 Galicia 19 106
2003 Comunidade 12 Galicia 20 110
2003 Comunidade 12 Galicia 21 114
2003 Comunidade 12 Galicia 22 93
2003 Comunidade 12 Galicia 23 136
2003 Comunidade 12 Galicia 24 122
2003 Comunidade 12 Galicia 25 110
2003 Comunidade 12 Galicia 26 124
2003 Comunidade 12 Galicia 27 109
2003 Comunidade 12 Galicia 28 116
2003 Comunidade 12 Galicia 29 130
2003 Comunidade 12 Galicia 30 86
2003 Comunidade 12 Galicia 31 88
2003 Comunidade 12 Galicia 32 90
2003 Comunidade 12 Galicia 33 93
2003 Comunidade 12 Galicia 34 98
2003 Comunidade 12 Galicia 35 84
2003 Comunidade 12 Galicia 36 87
2003 Comunidade 12 Galicia 37 77
2003 Comunidade 12 Galicia 38 61
2003 Comunidade 12 Galicia 39 57
2003 Comunidade 12 Galicia 40 44
2003 Comunidade 12 Galicia 41 52
2003 Comunidade 12 Galicia 42 30
2003 Comunidade 12 Galicia 43 20
2003 Comunidade 12 Galicia 44 19
2003 Comunidade 12 Galicia 45 12
2003 Comunidade 12 Galicia 46 4
2003 Comunidade 12 Galicia 47 3
2002 Comunidade 12 Galicia 14 7
2002 Comunidade 12 Galicia 15 23
2002 Comunidade 12 Galicia 16 50
2002 Comunidade 12 Galicia 17 76
2002 Comunidade 12 Galicia 18 90
2002 Comunidade 12 Galicia 19 110
2002 Comunidade 12 Galicia 20 119
2002 Comunidade 12 Galicia 21 128
2002 Comunidade 12 Galicia 22 124
2002 Comunidade 12 Galicia 23 123
2002 Comunidade 12 Galicia 24 140
2002 Comunidade 12 Galicia 25 124
2002 Comunidade 12 Galicia 26 111
2002 Comunidade 12 Galicia 27 120
2002 Comunidade 12 Galicia 28 107
2002 Comunidade 12 Galicia 29 97
2002 Comunidade 12 Galicia 30 96
2002 Comunidade 12 Galicia 31 93