Porcentaxe de poboación de maiores vacinada da COVID por grupos de idades na campaña actual
A vacina fronte a COVID é unha vacina empregada na inmunización da poboación de 60 anos ou máis, do persoal sanitario, das mulleres embarazadas e de determinadas persoas con condicións de risco. Pode atopar máis información consultando a seguinte ligazón: Información sobre a COVID.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á COVID segundo o grupo de idade:
- Cobertura vacinal fronte á COVID nas persoas de 80 anos ou máis. No numerador do presente indicador figurará o número de persoas con 80 e máis anos que recibiron unha dose fronte a COVID entre setembro e xaneiro do período avaliado e no denominador incluiranse todas as persoas da correspondente cohorte de idade.
- Cobertura vacinal fronte á COVID nas persoas de 70 a 79 anos. No numerador do presente indicador figurará o número de persoas de 70 a 79 anos que recibiron unha dose fronte a COVID entre setembro e xaneiro do período avaliado* e no denominador incluiranse todas as persoas da correspondente cohorte de idade.
- Cobertura vacinal fronte á COVID nas persoas de 60 a 69 anos. No numerador do presente indicador figurará o número de persoas de 60 a 69 anos que recibiron unha dose fronte a COVID entre setembro e xaneiro do período avaliado* e no denominador incluiranse todas as persoas da correspondente cohorte de idade.