Porcentaxe de poboación maior de 60 anos vacinada de covid
Tras as primeiras campañas de inmunización poboacional frente ao coronavirus SARS-CoV-2 iniciadas a finais de 2020, a estratexia actual de vacinación fronte á COVID-19 diríxese a protexer a poboación máis vulnerable da enfermidade grave causada polo virus.
Aínda que o SARS-CoV-2 non ten un marcado carácter estacional, en xeral os virus respiratorios circulan máis e causan máis patoloxía durante o outono e o inverno. Por iso, no 2023 estableceuse unha campaña de vacinación estacional fronte á COVID-19 a partir de finais de setembro. A campaña organizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública estendeuse ata o 26 de xaneiro de 2024, e realizouse de maneira conxunta coa campaña da gripe.
Como en ocasións anteriores, realizouse unha convocatoria activa a través de SMS para facilitar a organización da campaña e empregáronse recintos de alta capacidade en todas as áreas sanitarias que permitiron vacinar a un gran número de persoas nun menor tempo. Tamén se ofreceu a vacinación dende os centros de saúde de cabeceira para as persoas de 80 e máis anos e para todas aquelas persoas con problemas de mobilidade. No caso das persoas internas en residencias ou centros de discapacidade, a vacinación realizouse in situ nos propios centros.
O obxectivo da vacinación fronte á COVID-19 é reducir a morbimortalidade polo virus, xa que aínda que causa unha infección respiratoria que adoita ser leve e que se autoresolve en poucos días, pódese agravar e ser mesmo mortal, especialmente nalgúns grupos de persoas máis vulnerables pola idade ou por situacións de inmunosupresión
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Porcentaxe |
---|---|---|---|---|
2023 | Provincia | 15 | A Coruña | 74,97 |
2023 | Provincia | 27 | Lugo | 64,06 |
2023 | Provincia | 32 | Ourense | 64,89 |
2023 | Provincia | 36 | Pontevedra | 56,43 |
2023 | Provincia | 12 | Galicia | 66,19 |
2023 | Área Sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 73,43 |
2023 | Área Sanitaria | FE | Ferrol | 72,63 |
2023 | Área Sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 69,47 |
2023 | Área Sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 64,06 |
2023 | Área Sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 64,89 |
2023 | Área Sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 64,08 |
2023 | Área Sanitaria | VI | Vigo | 56,82 |