Porcentaxe de poboación maior de 64 anos vacinada da gripe
A vacina fronte a gripe é unha vacina empregada na inmunización da poboación de 65 anos ou máis, do persoal sanitario, das mulleres embarazadas, persoas con condicións de risco e dos nenos e nenas de entre 6 e 59 meses. Pode atopar máis información consultando a seguinte ligazón: Información sobre a Gripe.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á gripe nas persoas de 65 anos ou máis. No numerador do presente indicador figurará o número de persoas con 65 e máis anos que recibiron unha dose de gripe entre setembro e xaneiro do período avaliado e no denominador incluiranse todas as persoas da correspondente cohorte de idade.