Ir o contido principal

Supervisións conformes

O indicador «Supervisións conformes» proporciona información sobre a porcentaxe de supervisións conformes entre as supervisións realizadas, co fin da toma de decisións por parte das distintas unidades de xestión.

No marco global da mellora continua e seguindo o ciclo PDCA, na etapa de REVISIÓN (Check), avalíanse os resultados, comprobando o grao de cumprimento do planificado e a eficacia do sistema. Para iso empréganse as técnicas de supervisión, verificación da eficacia e auditorías do control oficial.

A supervisión é o conxunto de actividades realizadas polos niveis superiores xerárquicos co obxecto de valorar a correcta realización das funcións dos axentes de control oficial e a aplicación da normativa vixente en materia de seguridade alimentaria e sanidade ambiental.

A supervisión no ámbito do control oficial ten como obxectivo estratéxico mellorar o grao de implantación e a calidade do control oficial desenvolvida pola inspección de Saúde Pública.

Ademais de dar cumprimento á lexislación vixente na Unión Europea, a supervisión pretende detectar posibles carencias no sistema de control oficial, mellorar a súa eficacia introducindo plans de mellora ante as deficiencias detectadas e proporcionarlles, tanto á propia Administración como á poboación, a confianza de que os sistemas de control están funcionando correctamente.

Os aspectos que supervisar veñen definidos no documento de supervisión do Ministerio de Consumo.

Para isto, establece a sistemática xeral para valorar o coñecemento e a aplicación da normativa e dos procedementos documentados na realización dos controis oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia e asegurarse de que se adoptan as medidas correctoras cando é preciso.

Caracterízase porque é realizada:

  • Pola propia unidade, sobre os seus axentes de control oficial.
  • De forma continua ao longo do ano.
  • Sobre todos os axentes de control nun ciclo de supervisión quinquenal. Cada ano distribuiranse equitativamente o número total de inspectores para supervisar.

As actuacións que cómpre supervisar serán representativas dos diferentes tipos e motivos de control (inspeccións, auditorías, mostraxes, alertas, etc.).

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2022 Comunidade 12 Galicia 57,87
2021 Comunidade 12 Galicia 77,00
2020 Comunidade 12 Galicia 76,17
2019 Comunidade 12 Galicia 78,53
2018 Comunidade 12 Galicia 85,24
2017 Comunidade 12 Galicia 87,00
2016 Comunidade 12 Galicia 86,00