Ir o contido principal

Rexistro de Mortalidade de Galicia

O Rexistro de Mortalidade de Galicia

O Rexistro de Mortalidade de Galicia (RMG) é elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e rexistra tanto as defuncións de persoas con residencia en Galicia como as producidas no territorio galego de non residentes. A información relativa ás defuncións acontecidas entre a poboación galega recompílase e analízase, permitindo coñecer as tendencias temporais, as diferenzas territoriais e as principais causas de morte.

Este rexistro comezou o seu funcionamento cos datos de mortalidade do ano 1987. A información relativa aos anos previos procede do Instituto Nacional de Estatística (INE) e foi incorporada á base de datos do Rexistro, dando cobertura temporal ao período 1980-1986. Cada un dos falecementos aquí recollidos dispón de información sociodemográfica e sanitaria relacionada coa morte, procedente na súa orixe do boletín estatístico de defunción e do certificado médico de defunción que cobre o médico certificador. Esta información permite identificar a causa básica da morte, codificada segundo a CIE-9 (ata 1998) e CIE-10 (desde 1999), que se emprega para as estatísticas elaboradas segundo causas de defunción, polo que a calidade dos datos de partida cumpre que sexa máxima.

A mortalidade constitúe un indicador fundamental á hora de valorar o estado de saúde dunha poboación, así como para reflectir o seu nivel social, económico e sanitario. As taxas específicas, brutas e axustadas, xunto coa esperanza de vida, permiten cuantificar a situación actual da poboación galega e analizar a evolución temporal da mortalidade.

A información que se presenta a continuación resume os principais resultados correspondentes ao ano 2023, con datos dispoñibles ao longo do período 1980–2023.
 

32.730

Número total de defuncións

1.173,56

Taxa bruta de mortalidade en mulleres

1.254,44

Taxa bruta de mortalidade en homes

Mortalidade en función do grupo de idade e sexo (2023)

En 2023 rexistráronse 32.730 defuncións en Galicia, cunha taxa bruta de 1.212,48 por 100.000 habitantes e unha taxa axustada (pola poboación estándar europea) de 766,59. A mortalidade foi superior nos homes (1.005,74 axustada) que nas mulleres (585,36).

Ver filtros Ocultar filtros

Número de defuncións segundo ámbito, grupo de idade e sexo

Ámbito
Espazo
Sexo
Causa
Grupo idade
Período Ámbito Código espazo Espazo Sexo Causa Grupo idade Defuncions
2023 Comunidade 12 Galicia Homes Todas as causas Total 16.296
2023 Comunidade 12 Galicia Mulleres Todas as causas Total 16.434
2023 Comunidade 12 Galicia Total Todas as causas Total 32.730
Ver filtros Ocultar filtros

Taxa bruta de mortalidade en función do ámbito e sexo

Ámbito
Espazo
Sexo
Causa
Período Ámbito Código espazo Espazo Sexo Causa T. bruta (x100000 hab)
2023 Comunidade 12 Galicia Homes Todas as causas 1.254,44
2023 Comunidade 12 Galicia Mulleres Todas as causas 1.173,56
2023 Comunidade 12 Galicia Total Todas as causas 1.212,48
Ver filtros Ocultar filtros

Taxa axustada de mortalidade en función do ámbito e sexo

Ámbito
Espazo
Sexo
Causa
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Sexo Causa T. axustada (Pob. europea)
2023 Comunidade 12 Galicia Homes Todas as causas 1.005,74
2023 Comunidade 12 Galicia Mulleres Todas as causas 585,36
2023 Comunidade 12 Galicia Total Todas as causas 766,59

As taxas específicas de mortalidade para homes e mulleres mostran un incremento progresivo a medida que avanza a idade, con valores máis elevados nos grupos de 85 e máis anos.

Ver filtros Ocultar filtros

Taxa específica de mortalidade en función do sexo e grupo de idade

Ámbito
Espazo

Mortalidade en función da área sanitaria (2023)

A continuación amósanse datos sobre o número de defuncións, taxas brutas e taxas axustadas por área sanitaria.

As taxas brutas máis altas obsérvanse nas áreas de Lugo e Ourense, mentres que as máis baixas rexístranse en Vigo e Pontevedra. Estas diferenzas territoriais amosan patróns consistentes coa estrutura demográfica de cada área. Ao empregar as taxas axustadas obsérvase unha redución destas diferenzas, o que indica que boa parte da variación se explica pola distinta composición por idades da poboación.

Ver filtros Ocultar filtros

Mortalidade en función da área sanitaria (2023)

Sexo
Causa
Período Ámbito Código espazo Espazo Sexo Causa Grupo idade Defuncions
2023 Comunidade 12 Galicia Total Todas as causas Total 32.730
Ver filtros Ocultar filtros

Taxa bruta de mortalidade en función da área sanitaria

Período
Sexo
Causa
Ver filtros Ocultar filtros

Taxa axustada de mortalidade en función da área e sexo

O gráfico representa
Causa

Evolución da mortalidade (1999–2023)

Durante as dúas últimas décadas observouse unha tendencia xeral descendente das taxas axustadas de mortalidade, tanto en homes como en mulleres, con pequenas fluctuacións interanuais.

A pesar do aumento absoluto de defuncións asociado ao envellecemento poboacional, as taxas de mortalidade axustadas mostran unha tendencia de mellora, reflectindo o progreso sanitario e social de Galicia.

Ver filtros Ocultar filtros

Evolución da taxa axustada de mortalidade

O gráfico representa
Ámbito
Espazo
Causa

Mortalidade por causas segundo a CIE-10 (2023)

En 2023, as principais causas de mortalidade en Galicia corresponderon ás enfermidades do sistema circulatorio, seguidas dos tumores e das enfermidades do sistema respiratorio. A distribución por sexo amosa patróns diferenciados: nas mulleres predominan as defuncións por enfermidades circulatorias, mentres que nos homes destacan os tumores como primeira causa.

Ver filtros Ocultar filtros

Número de defuncións en mulleres por tipo de causa (CIE-10)

Ver filtros Ocultar filtros

Número de defuncións en homes por tipo de causa (CIE-10)

Situación da mortalidade infantil en Galicia

A mortalidade infantil é un dos principais indicadores do nivel sanitario e social dunha poboación. En Galicia, mantén unha tendencia xeral descendente nas últimas décadas, cun descenso notable das taxas en todos os tipos de mortalidade infantil analizados. Nos últimos anos, aínda que se observan pequenas flutuacións anuais, os valores actuais sitúanse entre os máis baixos rexistrados historicamente.

No segundo diagrama, amósase un resumo do número de defuncións rexistrados por área sanitaria no ano 2023.

Ver filtros Ocultar filtros

Evolución da mortalidade infantil por tipos

O gráfico representa
Sexo
Tipo mortalidade
Non se atoparon resultados.
Ver filtros Ocultar filtros

Número de defuncións por tipo de mortalidade (2023)

Mortalidade evitable

As categorías de mortalidade distinguen entre causas evitables, tratables e previbles, segundo o grao no que a morte podería evitarse mediante accións preventivas ou asistencia sanitaria. As taxas son máis elevadas nos homes en todas as categorías, mentres que nas mulleres se manteñen en niveis inferiores. As diferenzas entre taxas brutas e axustadas reflicten o efecto da estrutura demográfica, especialmente o maior peso da poboación de idade avanzada. En conxunto, estes indicadores permiten analizar a evolución e a distribución da mortalidade en Galicia.

Ver filtros Ocultar filtros

Mortalidade por causas evitables (2019-2021)

Ámbito
Espazo
Sexo
Non se atoparon resultados.
Ver filtros Ocultar filtros

Evolución da mortalidade por causas evitables

O gráfico representa
Ámbito
Espazo
Sexo

Evolución da esperanza de vida en Galicia

A esperanza de vida en Galicia mantén unha evolución positiva e sostida ao longo das últimas dúas décadas, tanto ao nacer como aos 65 anos. As mulleres presentan, de forma consistente, valores superiores aos dos homes, mantendo esta diferenza estable no tempo. Os resultados reflicten o progresivo melloramento das condicións de vida e saúde da poboación galega.

Ver filtros Ocultar filtros

Evolución da esperanza de vida ao nacer

O gráfico representa
Ámbito
Espazo
Ver filtros Ocultar filtros

Evolución da esperanza de vida aos 65 anos

O gráfico representa
Ámbito
Espazo
Ver filtros Ocultar filtros

Probabilidade de morrer en función do sexo e idade en Galicia

O gráfico representa
Período
Ámbito
Espazo