Campañas de vacinación
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública e do Servizo Galego de Saúde, realiza cada ano campañas de vacinación fundamentais para protexer á poboación fronte a diversas enfermidades infecciosas. Entre estas campañas destacan as vacinas contra a gripe estacional, a COVID-19 e o virus respiratorio sincitial (VRS), dirixidas especialmente aos grupos de risco. A vacinación é unha das mellores ferramentas para previr complicacións graves e reducir a transmisión destas enfermidades, contribuíndo a preservar a saúde pública. A continuación, podes acceder a máis información específica sobre cada campaña.