Ir o contido principal

A POSITIVIDADE DO VIRUS RESPIRATORIO SINCITIAL EN GALICIA DIMINÚE ATA O 6,7 %

Imaxe
Espazo de coñecemento sobre a situación da saúde pública en Galicia
 

A taxa de positividade do virus respiratorio sincitial descende e sitúase no 6,7 % na semana 10 do ano, que rematou o día 8 deste mes, tal e como recolle o informe semanal de seguimento deste virus que publica a Consellería de Sanidade. 

Na semana recollida no informe, observouse un descenso da taxa de consultas de atención primaria por bronquiolite en todos os grupos de menores de dous anos.

En canto ás hospitalizacións, rexistrouse un ingreso no grupo de nados entre abril e setembro de 2025 e non se rexistrou ningunha hospitalización nos lactantes menores de dous meses. 

Nestes grupos, a cobertura da inmunización fronte ao VRS é do 93,2 % no caso dos bebés que son vacinados nos hospitais galegos ao nacer dentro das datas da campaña e do 95,4 % para os nados fóra de campaña, de abril a setembro de 2025.

Sobre ingresos hospitalarios de nenos que xa pasaron algunha tempada de VRS, na última semana producíronse 4 ingresos entre os nados do 1 de abril de 2024 ao 31 de marzo de 2025; e 2 ingresos no grupo de nados entre o 1 de abril de 2023 ao 31 de marzo de 2024.

En adultos, nos datos recollidos no último informe rexistráronse 17 ingresos con VRS en persoas maiores de 60 anos, das cales 13 son maiores de 80.