Informe técnico do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia 2016 (publicación electrónica)
ID
2605
Ano
2017
Formato
Idiomas
Galego
Colección
F: Información de resultados de programas, proxectos ou plans
Resumo
O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, desde o ano 1998. Na nosa comunidade autónoma a tempada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, aínda que a primeira recollida de mostras se realiza na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño). Cos resultados obtidos en cada temporada elabórase o informe técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.