Cobertura da primeira dose da triple vírica (SRP)
A vacina fronte ao sarampelo, a rubéola e a parotidite, coñecida como “triple vírica (TV)”, é unha vacina de uso en poboación infantil (formando parte do calendario de vacinación sistemática) e de poboación adulta (dúas doses aos nados a partir de 1968). Na poboación infantil adminístranse dúas doses: a primeira aos 12 meses de idade e a segunda aos 3 anos, esta segunda dose de maneira conxunta coa vacina fronte á varicela. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal da vacina triple vírica (TV) mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron a primeira dose, correspondente á vacinación dos 12 meses de idade. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.
| Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Enfermidade (Antígeno) | Dose | Cohorte | Porcentaxe |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Sarampelo, Rubéola e Papeiras (SRP) | Dose 1 | 2024 | 98,16 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Sarampelo, Rubéola e Papeiras (SRP) | Dose 1 | 2023 | 100,00 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Sarampelo, Rubéola e Papeiras (SRP) | Dose 1 | 2021 | 99,53 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Sarampelo, Rubéola e Papeiras (SRP) | Dose 1 | 2020 | 100,00 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Sarampelo, Rubéola e Papeiras (SRP) | Dose 1 | 2019 | 99,99 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Sarampelo, Rubéola e Papeiras (SRP) | Dose 1 | 2018 | 99,91 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Sarampelo, Rubéola e Papeiras (SRP) | Dose 1 | 2017 | 99,91 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Sarampelo, Rubéola e Papeiras (SRP) | Dose 1 | 2016 | 98,60 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Sarampelo, Rubéola e Papeiras (SRP) | Dose 1 | 2015 | 98,67 |