Cobertura da primovacinación de neumococo conxugada (VNC)
A estratexia de vacinación fronte a enfermidade pneumónica consta da administracións de catro doses da vacina 20 valente (VCN20) aos 2, 4, 6 e 11 meses de idade. Así mesmo tamén se emprega na vacinación dos maiores de 65 anos. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á enfermidade pneumocócica mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos 2 doses de VNC20. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 2 doses desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.