Cobertura da primovacinación de rotavirus (RV)
A vacinación fronte ao rotavirus (RV) consta dunha vacina oral con virus atenuados vivos administrada aos 2 e aos 4 meses de idade, a primeira dose preferentemente antes das 16 semanas de idade e a segunda antes das 24 semanas. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte ao rotavirus mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos 2 doses. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 2 doses desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.
| Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Enfermidade (Antígeno) | Dose | Cohorte | Porcentaxe |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Rotavirus (RV) | 2 doses ou mais | 2024 | 96,31 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Rotavirus (RV) | 2 doses ou mais | 2023 | 88,93 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Rotavirus (RV) | 2 doses ou mais | 2021 | 80,43 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Rotavirus (RV) | 2 doses ou mais | 2020 | 74,71 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Rotavirus (RV) | 2 doses ou mais | 2019 | 70,16 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Rotavirus (RV) | 2 doses ou mais | 2018 | 65,89 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Rotavirus (RV) | 2 doses ou mais | 2017 | 51,85 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Rotavirus (RV) | 2 doses ou mais | 2016 | 43,48 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Rotavirus (RV) | 2 doses ou mais | 2015 | 39,07 |