Cobertura da segunda dose da varicela (VVZ)
A vacinación fronte á varicela (VVZ) é unha vacina de uso en poboación infantil (formando parte do calendario de vacinación sistemática) e de poboación adulta (con dúas doses en determinadas situacións de risco). Na poboación infantil adminístranse 3 doses: aos 15 meses e aos 3 anos. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á varicela (VVZ) mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron a segunda dose de recordo, correspondente á vacina dos 3 anos. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.
| Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Enfermidade (Antígeno) | Dose | Cohorte | Porcentaxe |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Varicela (SRP) | Dose 2 | 2021 | 93,54 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Varicela (SRP) | Dose 2 | 2020 | 95,29 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Varicela (SRP) | Dose 2 | 2018 | 94,21 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Varicela (SRP) | Dose 2 | 2017 | 93,27 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Varicela (SRP) | Dose 2 | 2016 | 91,80 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Varicela (SRP) | Dose 2 | 2015 | 87,34 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Varicela (SRP) | Dose 2 | 2014 | 27,70 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Varicela (SRP) | Dose 2 | 2013 | 16,32 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Varicela (SRP) | Dose 2 | 2012 | 13,89 |