Cobertura do recordo de poliomielite (VPI)
A vacina fronte ao virus da poliomielite é unha vacina empregada na inmunización tanto da poboación infantil e adulta. Na poboación infantil adminístrase 3 doses formando parte da vacina hexavalente (aos 2, 4 e 11 meses) engadindo unha dose máis de reforzo: aos 6 anos (xunto coa vacina da poliomielite, DTPa/VPI). No adulto pode empregarse como reforzo ante determinados riscos. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase de maneira conxunta a cobertura vacinal fronte ao virus da poliomielite (VPI) mediante a porcentaxe de nenas e nenos que recibiron a segunda dose de recordo, correspondente á vacina dos 6 anos de idade. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Enfermidade (Antígeno) | Dose | Cohorte | Porcentaxe |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2022 | Comunidade | 12 | Galicia | Poliomielite (VPI) | Recordo 2 | 2.016 | 51,50 |