Ir o contido principal

Implantación da supervisión

O indicador «Implantación da supervisión» achega información sobre a porcentaxe de supervisións programadas sobre o número de unidades que se van supervisar, entendéndose estas como os axentes de control oficial e os servizos veterinarios de matadoiros e lonxas, así como todo aquel persoal que realice actuacións de control oficial: persoal de inspección, direccións técnicas, xefaturas de zona e sección etc.

No marco global da mellora continua e seguindo o ciclo PDCA, na etapa de REVISIÓN (Check), avalíanse os resultados, comprobando o grao de cumprimento do planificado e a eficacia do sistema. Para iso empréganse as técnicas de supervisión, verificación da eficacia e auditorías do control oficial.

A supervisión é o conxunto de actividades realizadas polos niveis superiores xerárquicos co obxecto de valorar a correcta realización das funcións dos axentes de control oficial e a aplicación da normativa vixente en materia de seguridade alimentaria e sanidade ambiental.

A supervisión no ámbito do control oficial ten como obxectivo estratéxico mellorar o grao de implantación e a calidade do control oficial desenvolvida pola inspección de saúde pública.

Ademais de dar cumprimento á lexislación vixente na Unión Europea, a supervisión pretende detectar posibles carencias no sistema de control oficial, mellorar a súa eficacia introducindo plans de mellora ante as deficiencias detectadas e proporcionarlle, tanto á propia Administración como á poboación, a confianza de que os sistemas de control están funcionando correctamente.

Os aspectos que cómpre supervisar veñen definidos no documento de supervisión do Ministerio de Consumo.

Para isto, establécese a sistemática xeral para valorar o coñecemento e a aplicación da normativa e dos procedementos documentados na realización dos controis oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia e asegurarse de que se adoptan as medidas correctoras cando é preciso.

Caracterízase porque é realizada:

  • pola propia unidade sobre os seus axentes de control oficial,
  • de forma continua ao longo do ano,
  • sobre todos os axentes de control, nun ciclo de supervisión quinquenal; cada ano distribuiranse equitativamente o número total de inspectores que supervisar.

As actuacións que cómpre supervisar serán representativas dos diferentes tipos e motivos de control (inspeccións, auditorías, mostraxes, alertas, etc.).

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
O gráfico representa
Período
Ámbito
Espazo